O Campus Auga foi a primeira iniciativa de especiazación dun campus non central do Sistema Universitario de Galicia (SUG). A posta en marcha deste proxecto supuxo para o Campus de Ourense ser un espazo científico pioneiro no proceso de especialización e cumprir o obxectivo de promover a súa singularidade e diferenciación mediante a potenciación das súas capacidades, o fomento das colaboracións estratéxicas e o aproveitamento dos recursos da contorna próxima.
En febreiro de 2022 a Universidade de Vigo presentou a solicitude e documentación para a acreditación do Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia (SUG).
Iniciouse entón un procedemento que, tras a presentación á Secretaría Xeral de Universidades dun informe final favorable por parte do comité de avaliación designado para este proceso, culminou finalmente o 8 de febreiro de 2024 coa resolución, por parte da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades da Xunta de Galicia pola que se acredita o Campus Auga como campus de especialización do Sistema Universitario de Galicia.