O Edificio do Campus Auga acolle once laboratorios nos que diversos grupos de investigación desenvolven os seus proxectos científicos.

Laboratorios

  • Enxeñaría Química I
    Grupo de Investigación Enxeñaría Química
  • Enxeñaría Química II
    Grupo de Investigación Pranta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos
  • Enxeñaría Química III
    Grupo de Investigación Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental
  • Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental
    Grupo de Investigación Biotecnoloxía Industrial e Enxeñaría Ambiental
  • Nutrición e Bromatología
    Grupo de Investigación Investigacións Agrarias e Alimentarias
  • Tecnoloxía de Alimentos
    Grupo de Investigación Enxeñaría Química 4
  • Edafoloxía e Química Agrícola
    Grupo de Investigación Pranta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos
  • Física da Terra
    Grupo de Investigación Environmental Physics Laboratory
  • Arqueoloxía
    Grupo de Investigación Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio
  • Linguaxe e Sistemas Informáticos
    Grupo de Investigación Laboratorio de Informática Aplicada
  • Hidráulica
    – Grupo de Investigación Pranta, Solo e Aproveitamento de Subprodutos
    – Grupo de Investigación Estudos de Arqueoloxía, Antigüidade e Territorio

Fai clic para coñecer o Edificio do Campus Auga

Sede Institucional

Nas súas instalacións sitúase tamén a sede institucional do Campus, composta pola Dirección e a Oficina técnica de xestión.

Dirección

Responsable da coordinación e do funcionamento do Campus Auga

Oficina técnica de xestión

Integrada polo persoal técnico que realiza as funcións de organización e execución das actuacións do Campus Auga

Convenio para a construción do edificio

Mediante convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a construción e desenvolvemento do Edificio do Campus Auga, asinado en outubro de 2014, acordouse que este edificio fose destinado primordialmente a usos de investigación, aínda que coa posibilidade de albergar tamén a sede institucional do Campus Auga. Trátase pois de que o edificio cumpra o obxectivo de converterse no elemento tractor do Campus Auga, de xeito que potencie a excelencia da actividade investigadora e o impacto das súas actuacións, posibilitando un maior desenvolvemento docente e científico que facilite a mellora da competitividade da industria local.

 Convenio de colaboración para a construción e desenvolvemento do Edificio do Campus Auga