No Campus Auga somos conscientes da importancia de transferir os coñecementos xerados polos nosos grupos de investigación ao tecido productivo e ás institucións implicadas. Esta cooperación materialízase en diferentes modelos, entre eles os contratos e convenios de investigación.
Nun momento no que os territorios e rexións compiten cada vez máis entre sí, asumimos unha visión aberta e intercomunicativa coa sociedade, na que podemos achegar competitividade e a innovación. Dentro desta relación coa contorna poden considerarse aspectos como a prestación de servizos a empresas e institucións, a transferencia de tecnoloxía e coñecemento, a formación continua ou o fomento do emprendemento.
Máis abaixo relatamos, a xeito de novas, algúns dos casos de transferencia do coñecemento do Campus Auga.