O Programa axuda ao desenvolvemento social e económico da provincia de Ourense, ao coñecemento da súa realidade, así como á especialización do Campus de Ourense – Campus Auga. Ten por obxecto o financiamento de proxectos de interese, cuxas temáticas estean relacionadas cos ámbitos socioeconómicos característicos da provincia, como poden ser a agricultura e a gandaría, a xestión integral e aproveitamento dos recursos hídricos, o turismo, ou aquelas outras que xustifiquen adecuadamente a súa vinculación co espírito do Programa e coa especialización do Campus Auga.
Para garantir a colaboración entre os distintos ámbitos de coñecemento que integran o foco de especialización do Campus Auga, os proxectos financiados deben consistir nunha proposta coordinada formada, como mínimo, por dous subproxectos, e, polo menos, a participación de dous ámbitos de coñecemento, independentemente do número de subproxectos que o conformen. Cada un destes, terá asignado un investigador ou investigadora principal mais outra persoa en coordinación.
2022. ÚLTIMA EDICIÓN PUBLICADA DO INOU
Publicacións dos proxectos financiados
Proxectos INOU 2022
INDICE
- Implicacións ambientais, agrícolas e económicas do uso de nanoagroquímicos cara a unha produción alimentaria sostible de Brassica oleracea var. capitata L.
- A produción de plásticos na provincia de Ourense: estudo da súa situación e posibles actuacións estratéxicas
- Control de procesos estatísticos remotos nas contornas rurais. Unha proposta de transmisión e plataforma de simulación
- Avaliación da viabilidade da utilización de UAV para determinar o posicionamento de ximnastas en competicións e en educación deportiva
- Desenvolvemento de procesos para o aproveitamento e a valorización de podas da oliveira dentro dun contexto de biorrefinaría multiproduto
- Recuperación e avaliación dos compostos fenólicos das podas das oliveiras autóctonas galegas
Proxectos INOU 2021
INDICE
- Alternativas de aloxamento turístico na provincia de Ourense: análise da evolución recente da oferta e dos novos patróns de conduta da demanda nun contexto de irrupción do fenómeno das vivendas de uso turístico
- Análise estatística do mercado de aloxamento turístico da provincia de Ourense dende unha nova perspectiva: a análise de datos composicionais
- Detección automática de momentos de risco alérxico da poboación ourensá
- Estudo do padrón de comportamento dos e das adolescentes ourensáns en relación co uso dos videoxogos
- Evolución histórica da implantación dos videoxogos na sociedade ourensá dende os anos oitenta ata a actualidade
- A escola que teño, a escola que quero. Un achegamento ás prácticas educativas e ás necesidades nos CRA de Ourense
- Facer visible o invisible: habilidades para aprender dos e das escolares nos colexios rurais agrupados de Ourense
- A represión económica na provincia de Ourense: unha aproximación a partir dos expedientes de responsabilidades civís e políticas
- Dos lugares da represión franquista en Ourense: cara a unha cultura do recordo
Proxectos INOU 2020
INDICE
- Creación dunha contorna virtual para a interpretación patrimonial de sitios con pintura rupestre esquemática da comarca de Monterrei
- Estudo etnográfico do sitio con arte rupestre do Penedo Gordo e deseño de ferramentas de avaliación interpretativa
- Intervención socioeducativa para un uso seguro das redes sociais na adolescencia: AppDIXITOU
- AppDIXITOU: xogo educativo para móbil co que se conciencia á xente adolescente no bo uso das redes sociais
- Aproveitamento e valorización de restos das podas de vide para obter «compostos de base» útiles para a síntese de produtos químicos de interese industrial e biocombustibles
- Recuperación de compostos bioactivos procedentes de podas de vide mediante o uso de disolventes intelixentes
- Diagnóstico do nivel de congruencia na oferta enoturística da provincia de Ourense
- Extración e preprocesamento de opinións sobre o sector enoturístico na provincia de Ourense
Proxectos INOU 2019
INDICE
- Indicador composto de valoración do desempeño turístico sustentable dos espazos naturais protexidos (ENP) da provincia de Ourense
- Análise de inundacións no xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis
- Documentación, delimitación, estado de conservación e valoración científica e patrimonial do xacemento arqueolóxico de Aquis Querquennis (Baños de Bande, Ourense)
- Impacto socioeconómico do campamento romano Aquis Querquennis
- Perfís aritméticos na escola elemental
- Solución tecnolóxica para PREVIN-MAT
- Desenvolvemento de ferramentas para apoiar a calidade e a mellora continua no sector hoteleiro ourensán
- Optimizar os indicadores de circularidade económica mediante a inclusión de factores correctores que non penalicen o sector agroalimentario da provincia de Ourense
- Establecemento dos balances de materia no sector agroalimentario da provincia de Ourense a fin de optimizar os indicadores de circularidade material