Os galardóns están convocados pola Vicerreitoría do Campus de Ourense e financiados a través do convenio de colaboración que ten a asinado a Universidade de Vigo coa Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional da Xunta de Galicia para financiar o Campus Auga e do convenio que ten coa empresa Viaqua Xestión Integral de Augas de Galicia SAU.
Ao igual que en edicións anteriores, as categorías son cinco:
- Premio ao TFG/TFM máis destacado.
- Premio de investigación a teses de doutoramento.
- Premio de investigación á mellor contribución científica de alto impacto publicadas en 2021, 2022 ou 2023.
- Premio ao mellor resultado de transferencia, que distinguen pola súa relevancia patentes en explotación, produtos ou servizos comercializados por algunha empresa, estudos e informes de impacto contrastado, sempre que fosen resultado dun proxecto ou contrato realizado na Universidade de Vigo e finalizado en 2021, 2022 ou 2023.
- Premio a accións ou actividades de divulgación científica que destacar accións e actividades deste tipo realizadas no mesmo periódo e que contribúan á promoción do Campus Auga e a divulgar os seus logos e o seu coñecemento científico.
Nas categorías 1, 2 3 e 4 repartirase un premio por cada liña de traballo: Alimentación Funcional, Agricultura e Medio Ambiente, e Xestión da Auga – VIAQUA.