Con este evento inaugúrase o Programa de doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento, curso 2022/23
Estas dúas conferencias teñen por obxectivo difundir a cultura da investigación en relación coa auga no eido académico. Esta edición
adícase a historia do uso e a investigación das augas en Galicia.
Están dirixidas a unha audiencia formada por estudantes, académicos, investigadores, profesionais e, en xeral, persoas interesadas no
coñecemento da auga.
Programa
- Benvida e presentación dos relatores
- Conferencia: O lecer das augas. O paradigma lúdico dos balnearios españois, c. 1750-2019 por Luis Alonso Álvarez, Catedrático de Historia económica da UDC.
- Conferencia:Pequena historia das análises de augas en Galicia. Antonio Casares por Francisco Díaz Fierros-Viqueira, Catedrático de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago de Compostela. Membro numerario da Real Academia Galega.
Asistencia
Libre segundo a capacidade da sala (104 asistentes). A participación na actividade será valorada no documento de actividades do programa de doutoramento. Achegarase diploma académico de participación na xornada.
Inscrición
Para inscribirse facer clic nesta ligazón