O Congreso é un foro científico de carácter bianual para fomentar a colaboración internacional entre o persoal investigador do Campus Auga, atraer a participación de representantes de organizacións chave en temáticas da auga –en consonancia cos bloques temáticos do Congreso definidos en cada edición–, maximizar os beneficios das colaboracións e proxectar a visibilidade global do Campus.
Congresos realizados até o momento
IV Congreso Internacional da auga
DEREITO E AUGA NO HORIZONTE 2030 | Outubro de 2022
Nesta edición abordáronse retos específicos da gobernanza da auga no marco dos obxectivos de desenvolvemento sostible da Axenda 2030, desde unha perspectiva xurídica interdisciplinar e coa participación de especialistas de referencia.
Publicacións do Congreso en ThomsonReuters:
III Congreso Internacional da auga
AUGA, SOCIEDADE E TERRITORIO | Outubro de 2018
Edición de carácter multidisciplinar na que se analizaron aspectos concretos sobre a realidade histórica, artística e xeográfica da auga e o ser humano en diferentes territorios e sociedades.
Publicacións do Congreso en Editorial Dykinson:
PERSPECTIVAS DA AUGA
II Congreso Internacional da auga
INUNDACIÓNS E SECAS | Outubro de 2016
Nesta edición estudáronse os últimos avances na análise, prevención e mitigación dos asolagamentos e das secas.
I Congreso Internacional da auga
TERMALISMO E CALIDADE DE VIDA | Setembro de 2015
Estivo dedicada á auga termal e mineromedicinal, tanto no que se refire á súa calidade e xestión económica e xurídica, como ás aplicacións terapéuticas, aproveitamentos turísticos, etc