Como competencias distintivas do seu dominio de coñecemento, o Campus Auga focalízase en 3 liñas de especialización: Alimentación funcional, Agricultura e Medio ambiente, e Xestión da Auga Termal
Alimentación Funcional
Coñecemento especializado na xeración e promoción de alimentos e produtos alimentarios de alto valor engadido, funcionais, seguros e de calidade diferenciada, que contribúe á mellora da competitividade e impulso da innovación do sector agroalimentario, e que facilita o acceso a unha dieta saudable.
Temáticas
- Alimentación sustentable, circular e valorización de subprodutos
- Biotecnoloxía alimentaria
- Trazabilidade e calidade alimentaria
- Dieta e alimentos nutracéuticos
ALIÑAMENTO CON ODS
2. Fame cero
3. Saúde e benestar
6. Auga limpa e saneamento
8. Traballo decente e crecemento económico
9. Industrias, innovación e infraestruturas
12. Produción e consumos responsables
13. Acción polo clima
15. Vida de ecosistemas terrestres
Agricultura e Medio ambiente
Coñecemento especializado para unha agricultura de conservación, rexenerativa e resilente, orientada a súa tecnificación ou desenvolvemento de sistemas integrados de produción primaria mellorados, e á aplicación de prácticas agrícolas que aseguren a sustentabilidade da produción agraria contribuíndo ao mantemento dos ecosistemas, fortalecendo a súa capacidade de adaptación aos efectos do cambio climático
Temáticas
- Funcións do solo e servizos ecosistémicos
- Agricultura de conservación, rexenerativa y resilente
- Agricultura intelixente
ALIÑAMENTO CON ODS
3. Saúde e benestar
6. Auga limpa e saneamento
8. Traballo decente e crecemento económico
9. Industrias, innovación e infraestruturas
11. Cidades e comunidades sostibles
12. Produción e consumos responsables
13. Acción polo clima
15. Vida de ecosistemas terrestres
Xestión da Auga Termal
Coñecemento especializado na xestión de recursos hídricos termais desde un enfoque multidisciplinar –atendendo á diversidade de perspectivas dos distintos elementos vinculados coa auga termal e mineromedicinal– que promova a xestión coordinada e equitativa e os usos relacionados, tanto directos como indirectos, para maximizar o benestar social e económico. Esta xestión integral inclúe os aspectos legais, empresariais, turísticos e patrimoniais.
Temáticas
- Xestión de mananciais de augas termais
- Usos indirectos das augas termais
- Usos de lecer das augas termais
ALIÑAMENTO CON ODS
3. Saúde e benestar
6. Auga limpa e saneamento
8. Traballo decente e crecemento económico
9. Industrias, innovación e infraestruturas
11. Cidades e comunidades sostibles
12. Produción e consumos responsables
13. Acción polo clima
Áreas de soporte
As anteriores liñas de especialización apóianse en tres áreas de soporte que representan ámbitos de coñecemento transversal de uso sistemático e xeneralizado facilitando a potenciación das capacidades propias de ditas liñas. Estas son:
Intelixencia artificial
Coñecemento especializado en xeración e aplicación de tecnoloxías de comunicación dixital e transformación tecnolóxica que facilita a optimización dos procesos das actividades de docencia e investigación para mellorar a súa eficiencia e achegar maior valor engadido.
Economía circular
Coñecemento especializado no desenvolvemento de metodoloxías e ferramentas para o deseño de estratexias de economía circular posibilitando unha mellor resposta a retos educativos e científicos.
Lexislación agroalimentaria e medio ambiental
Coñecemento especializado no desenvolvemento e aplicación de lexislacións locais, rexionais, nacionais e internacionais para xestión alimentaria, contaminantes emerxentes, augas termais e os seus perímetros de protección para mellor responder aos retos educativos e científicos.