Campus del Agua

Unidade de Transferencia de Tecnoloxía e Coñecemento

O obxectivo xeral é establecer unha Unidade de Transferencia de Tecnoloxía e Coñecemento, que identifique e promova a licencia de tecnoloxías e coñecemento ao sector privado, que imparta obradoiros e seminarios deseñados para incrementar o coñecementoe capacidades dos profesionais con interesese en temáticas da auga e que ofreza servizos que proporcionen apoio baseado en tecnoloxía e coñecemento específico a empresas concretas das comunidades local, rexional e eurorrexional.

 

Obxectivos Específicos:

  • Promover activamente a relación entre a Universidade, as empresas e institucións e a sociedade.
  • Realizar un traballo de prospección e identificación de necesidades e oportunidades có tecido socioeconómico, e divulgalas entre a comunidade académica e investigadora.
  • Difundir e facilitar o acceso ao coñecemento xerado no Campus da Auga, ademáis de poñelo en valor e promover a súa aplicabilidade.
  • Apoiar o proceso de xestión e negociación da transferencia de tecnoloxía e coñecemento.
  • Ofrecer formación continua de referencia para o sector empresarial que satisfaga as súas necesidades.
  • Realizar obradoiros e seminarios en colaboración co sector empresarial e a administración, ademáis de con profesionais, docentes ou investigadores procedentes de universidades e centros de investigación de recoñecido prestixio.
  • Crear condicións para que o Campus da Auga teña unha oferta de servizos integrada e estructurada, garantindo unha resposta rápida ás solicitudes que reciba.
  • Concebir e implementar unha estratexia activa de abordaxe ao mercado, que permita que o Campus da Auga divulgue os seus servizos entre os seus potenciais clientes.

 

Resultados Agardados

  • Unha capacidade mellorada para potenciar a tecnoloxía e coñecemento acadado mediante esforzos de investigación cara á xeración e deenvolvemento de ingresos para o Campus.
  • Un maior nivel de innovación no Campus e industrias e institucións locais, rexionais e eurorrexionais.
  • Unha alianza máis forte entre o Campus e os profesionais locais, rexionais e eurorrexionais que conducirá a maiores capacidades da man de obra rexional.
  • Un servizo efectivo que transfira o coñecemento do Campus a empresas e institucións concretas e que mellore a capacidade das mesmas para competir no mercado global.
  • Unha potencial fonte de ingresos que mellorará a sustentabilidade do Campus.