Campus del Agua

Programa de Emprendemento e Creación de Empresas

INCUVI Emprende

A Universidade de Vigo e a Fundación Universidade de Vigo, asumen o seu compromiso co colectivo universitario para fomentar o espírito emprendedor de estudantes e persoas egresadas, mediante a convocatoria dos premios INCUVI-Emprende. O obxecto destes premios é promover a elaboración dunha idea de negocio creativa baseada en calquera das ramas do coñecemento contidas nos plans de estudo da Universidade Vigo.

PROXECTOS GAÑADORES


Barbook

Autores: Alberto J. Chousal, Alejandro Montero e Redouane Mehdi

Aplicación social enfocada ao sector servizos.

 

Cooperativa de Iniciativa Social Brigantia

Autores: Rita Carreira, Lucía González, Belén Martínez e Carla L. Mendes

Desenvolvemento de programas e actividades que promovan a igualdade e o respecto polo medio ambiente, o ocio e tempo libre saudables e a lingua e cultura galegas.

 

A Orixe

Autores: Sergio Martínez, Sandra Rodríguez e Rubén Rodríguez

Proxecto enfocado ao acopio, acondicionamento, envasado, distribución e comercialización de produtos agrarios de calidade diferenciada, especialmente o pemento de Arnoia.

 

Enviroverde

Autores: Miguel Pinal Trashorras

Creación de alternativas reais ao uso masivo de fertilizantes inorgánicos, así como aos usos intensivos do solo.

 

PROXECTOS GAÑADORES


Proxecto iBeeAgro

Autores: Javier Pesado e Sergio Eiriz

Sistema de monitorización e control que, a través de redes inalámbricas de sensores, captura datos e os computa na nube para poder xestionar cultivos de calquera tamaño.

http://www.ibeeagro.com

 

MeigaLabs

Autores: José Antonio Tesouro, Xabier Losada e Javier López Camba

Estudo de desenvolvemento de xogos e aplicacións para dispositivos móbiles.

http://www.meigalabs.com

 

Traster

Autores: Jairo Carrera, Nicolás Álvarez, Daniel Rodríguez e Iván Estévez

Plataforma dirixida a poñer en contacto a persoas que necesitan reparar ou revisar un ordenador ou solucións tecnolóxicas específicas con profesionais cualificados.

 

Sport Entertainment and Tourism

Autores: Carlos Gómez e Alejandro Rodríguez

Consultoría deportiva para facer fronte ás necesidades dos distintos entes públicos e privados de dar resposta e solución nun sector en continua transformación.

 

CONVOCATORIA


Convocatoria INCUVI Emprende 2015


INCUVI Avanza

A Universidade de Vigo, a través da Vicerreitoría de Estudantes, en colaboración coa Vicerreitoría do Campus de Ourense, convoca a 1ª edición dos Premios Incuvi-Avanza. O obxecto destes premios é ampliar o apoio a aqueles proxetos empresariais máis viables e con potencialidade dos galardoados nas últimas 4 edicións dos premios INCUVI-Emprende.

PROXECTOS GAÑADORES


Meigalabs

Autores: José Antonio Tesouro, Xabier Losada e Javier López

Estudo de desenvolvemento especializado en servizos de gamificación, apps e videoxogos para plataformas móbiles.

http://www.meigalabs.com

 

Proxecto iBeeAgro

Autores: Javier Pesado e Sergio Eiriz

Sistema de Supervisión e Xestión Integral Agrícola que optimiza a produción e asegura aos produtores a calidade e a eficiencia de recursos.

http://www.ibeeagro.com