Campus del Agua

Transferencia

A nivel global, a relación entre a Universidade e a súa contorna socioeconómica acada cada vez máis peso. Nun momento no que os territorios e rexións compiten cada vez máis entre sí, as universidades deben dotarse dunha visión aberta e intercomunicativa coa sociedade, na que a Universidade é unha peza fundamental na promoción da competitividade e a innovación. Dentro desta relación coa contorna poden considerarse aspectos como a prestación de servizos a empresas e institucións, a transferencia de tecnoloxía e coñecemento, a formación continua ou o fomento do emprendemento.

 

Campus da Auga debe promover a transferencia de tecnoloxía e coñecemento científico a aplicacións prácticas en apoio ás industrias e institucións locais, rexionais (eurorrexionais) e estatais.

 

Esta liña de orientación estratéxica ten como metas principais:

  • O establecemento dunha Unidade de Transferencia de Tecnoloxía e Coñecemento que promova activamente a relación entre a Universidade, as empresas e institucións e a sociedade, ademáis de realizar un traballo de prospección e identificación de necesidades e oportunidades existentes no tecido socioeconómico, e divulgalas entre a comunidade académica e investigadora.
  • A realización de actividades con valor engadido que transfiran de forma efectiva coñecemento en temas de interese ás industrias locais e rexionais, incluíndo a oferta de servizos especializados, a oferta de formación continua e o fomento do emprendemento.