Campus del Agua

Unidade de Investigación de Excelencia Universidade-Empresa-Administración

Convenio Marco entre a UVIGO e a CEO

A Universidade de Vigo e a Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) asinaron un convenio marco de colaboración considerando de interese común promover a cooperación e a colaboración para o desenvolvemento da transferencia de coñecemento ao tecido produtivo da provincia de Ourense, na procura dunha aplicación práctica do Coñecemento para o beneficio da sociedade.

O propósito deste convenio consiste en realizar conxuntamente actividades e proxectos en todo tipo de asuntos que resulten de interese para as institucións que representan. De entre estas actividades, de forma enunciativa pero non limitada, menciónanse as seguintes:

  • Desenvolvemento de proxectos de innovación e de transferencia do coñecemento.
  • Organización e realización de todo tipo de actividades de divulgación inter-institucional nas áreas anteriormente resinadas, tales como cursos, conferencias, simposios ou seminarios.
  • Apoio a inventores, investigadores e estudantes.
  • Intercambio e colaboración en todo tipo de proxectos innovadores e/ou sociais de interese común.
  • Cantas outras sexan consideradas de interese mutuo, dentro das dispoñibilidades das partes e consonte a legalidade establecida na normativa de contratación do sector público.

Convenio Marco | Acta de constitución