Campus del Agua

Investigacións e Proxectos Institucionais do Campus da Auga

Programa IPICA

O programa IPICA constitúe unha actuación a medio prazo enmarcada dentro do Plan estratéxico do Campus da Auga de febreiro de 2013, aliñado precisamente coa liña de orientación estratéxica 2 – Investigación, que ten as seguintes metas principais:

  • O establecemento de proxectos multidisciplinares de relevancia en temáticas da auga que podan potenciar o financiamento rexional, estatal e internacional dispoñible.
  • A atracción de socios de investigación internacionais que incrementarán a visibilidade do Campus na comunidade investigadora internacional.
  • O aumento de publicacións en revistas científicas internacionais, especialmente os realizados en coautoría, dentro das áreas de especialización do Campus da Auga.
  • A conexión entre a investigación realizada polos grupos do Campus da Auga e os estudantes do programa de doutoramento do Campus da Auga.

Obxectivo

O principal obxectivo deste programa é atopar financiamento para os proxectos presentados polo persoal investigador e que sexan seleccionados como proxectos institucionais do Campus da Auga.

Para os efectos deste procedemento, entenderase por “Proxecto IPICA” todo proxecto promovido e desenvolvido polos grupos de investigación da UVigo e que, cumprindo cos criterios de selección estipulados, sexan seleccionados como proxectos institucionais do Campus da Auga.


Edición 2016 (1º semestre)

Calendario de actuación

  • Xaneiro 2016: solicitudes de propostas de proxectos ao persoal investigador.
  • Marzo - Abril 2016: avaliación das propostas presentadas polo persoal investigador.
  • Maio 2016: notificacións e reunións co persoal investigador.

Temáticas propostas

Temáticas propostas pola comisión de selección, baseándose nas propostas de proxectos recibidos e os criterios de elixibilidade do programa IPICA:

Calidade da Auga | Turismo e Benestar | Xestión Pública da Auga