Campus del Agua

Programa de Mobilidade de estudantes de doutoramento e investigadores

O obxectivo xeral é establecer acordos de colaboración con 5 institucións de prestixio de Europa, América do Norte, Asia e América do Sur, ademáis de con outras institucións complementarias, a fin de atraer un maior número de candidatos ao programa de doutoramento do Campus da Auga, establecer programas de intercambio de estudantes de doutoramento e investigadores e proporcionar oportunidades significativas para colaboracións en investigación.

 

Obxectivos Específicos:

  • Aumentar o número de estudantes de posgrao e investigadores que realizan os seus estudos de doutoramento no Campus da Auga.
  • Aumentar o número de estudantes de posgrao e investigadores que realizan estancias docentes e investigadoras en institucións estranxeiras.
  • Aumentar o número de publicacións en revistas científicas de impacto internacional.
  • Aumentar a visibilidade internacional do Campus da Auga.

 

Resultados Agardados:

  • Colaboracións e lazos máis fortes con organizacións investigadoras líder a nivel internacional que resultará en:
    • Máis oportunidades para establecer consorcios en proxectos de investigación.
    • Un curriculum de doutoramento máis competitivo que inclúa experiencia internacional.
    • Un maior crecemento de oportunidades para investigadores.