Campus del Agua

Fórum Internacional en Investigación e Educación Colaborativa

II Congreso Internacional sobre a Auga

Nun contexto de cambio climático global, é un feito innegable que a incidencia de eventos extremos como inundacións e sequías aumentará nas vindeiras décadas, que será unha das principais preocupacións para os países desenvoltos e o desenvolvemento de protocolos de alerta e atenuación deben ser establecidos para facer fronte a estes novos retos.

O obxectivo do congreso é reunir a científicos de todo o mundo coa fin de coñecer os últimos avances na análise, prevención e mitigación das inundacións e as sequías. Do mesmo xeito, o congreso pretende acadar diferentes axentes responsables da xestión da auga a nivel local, rexional e nacional, tales como as Confederacións Hidrográficas, así como os sectores produtivos que dependen en grande medida da auga (agricultores, empresas de enerxía, proveedores de auga,...) coa fin de lograr un valioso intercambio de información entre os científicos, os interesados e​ tomadores de decisións.

Web do II Congreso Internacional sobre a Auga


I Congreso Internacional sobre a Auga

Este Congreso nace con vocación de permanencia, para convertirse nun foro de debate científico, de xeración e transferencia de coñecemento sobre distintos aspectos da auga, obxecto sobre o que pivota a especialización do Campus da Auga - Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

Nesta primeira edición está adicado á auga termal e mineiromedicinal, tanto no que se refire á calidade das augas, a súa xestión económica e xurídica, como as súas aplicacións terapéuticas, aproveitamentos turísticos, etc., dando cabida a estudos teóricos e investigación aplicada que contribuirán á mellora do coñecemento neste sector de actividade.

Web do I Congreso Internacional sobre a Auga