Campus del Agua

Internacionalización

No actual contexto marcado pola globalización, a internacionalización das universidades é un aspecto chave para o desenvolvemento das súas actividades. O establecemento de diferentes tipos de relacións, a nivel de educación, de I+D ou doutras actividades é fundamental para unha actualización constante dos coñecementos e prácticas de docentes e investigadores.

O Campus de Ourense debe promover a mobilidade internacional (entrantes e saíntes) de estudantes, PDI e PAS, así como a participación en proxectos internacionais e o establecemento de convenios con institucións estranxeiras. Así, o Campus da Auga debe apoiar a implementación de proxectos de investigación multidisciplinares e a mobilidade de estudantes, PDI e PAS mediante o establecemento de redes, alianzas e colaboracións, posto que a visibilidade internacional do Campus é chave para o seu éxito e a súa sustentabilidade.

 

Campus da Auga debe ser recoñecido en temáticas relacionadas coa auga dentro da comunidad investigadora internacional mediante a súa participación en asociacións internacionais e a realización de actividades de promoción.

 

As principais metas desta liña de orientación estratéxica son:

  • O establecemento do Campus da Auga en comunidades internacionais relevantes, como institucións de educación superior, investigación e transferencia de tecnoloxía.
  • A promoción da mobilidade de estudantes e investigadores que contribuirán ao avance dos estándares de educación e investigación do Campus hacia un nivel internacional.