Campus del Agua

Centro do Campus da Auga


No ano 2015 adxudícase o proxecto de obra do edificio do Campus da Auga, que será destinado primordialmente a usos de investigación e que tamén albergará a súa sé institucional. Este edificio que nace coa vocación de fortalecer as infraestruturas aplicables a I+D no Campus de Ourense, contará con máis de 3.500 m2, dos que un terzo estarán dedicados a laboratorios especiais. A obra deberá estar finalizada no ano 2017, consonte ao establecido no convenio de colaboración entre a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Universidade de Vigo para a construción e desenvolvemento do Centro do Campus da Auga no Campus de Ourense, asinado o 3 de outubro de 2014, en virtude do cal o goberno autonómico aportará en catro anos un total de 4.499.032,20 Euros de Fondos FEDER.

En plena primaveira, presentouse ante a sociedade, nun exercicio de máxima transparencia, e cunha razoable dose de celebración, os proxectos finalistas do que será o centro do Campus da Auga, así como o proxecto gañador que comezará a erguerse na terra do Campus ao longo do verán do presente ano. Un edificio que pretende ser útil para os fins aos que está destinado, converténdose ao tempo nun exemplo de arquitectura sostible, elegante e sinxela. No proxecto de obra sintetízanse ben estas ideas, en definitiva, a necesidade de manter o equilibrio.


Financiamento do Centro do Campus da Auga


Convocatoria de utilización de espazos


Histórico:


03/02/2017 - Convocatoria de utilización de espazos no Centro do Campus da Auga - 2017

Anexo 1 - Impreso de solicitude
Anexo 2 - Impreso de aceptación do espazo