Campus del Agua

Visión e Misión

Visión

O Campus da Auga pretende dotar de personalidade propia e identidade científica ao campus de Ourense a través da creación dun campus universitario con capacidade de proxección exterior e de creación de valor económico e social como motor de desenvolvemento territorial na provincia de Ourense, tendo como base a temática da auga.

Misión

O Campus da Auga levará a cabo unha actividade docente, investigadora e de transferencia de excelencia no ámbito da xestión integral e do aproveitamento de recursos hídricos, creando en Ourense un ecosistema que facilite o intercambio de coñecemento e a competitividade da provincia.

A misión do Campus da Auga é a de ser o dinamizador dunha rede multidisciplinar e integrada de unidades de investigación, docencia e transferencia de tecnoloxía e coñecemento.


O Campus da Auga debe establecer unha serie de liñas de orientación estratéxica para asegurar que ofrece unha formación avanzada de elevada calidade nas súas áreas de especialización, ademáis de convertirse nun líder rexional (eurorrexional) en investigación multidisciplinar en temáticas relacionadas coa auga, recoñecido dentro da comunidade investigadora internacional, todo iso asegurando un nivel sostible de financiamento. Asimesmo, debe apoiar ás empresas e institucións da súa contorna mediante a transferencia de tecnoloxía e coñecemento.