Campus del Agua

Plan Estratéxico

O Plan Estratéxico do Campus da Auga comeza a executarse de xeito decidido no ano 2014, concretándose nunha xeira de accións deseñadas dende o Comité de Dirección do Campus da Auga, contando cos directores e decanos dos centros, os grupos de investigación e o persoal de administración e servizos deste campus.

En cumprimento do devandito plan púxose en marcha o I Congreso Mundial da Auga, celebrado entorno ao termalismo, en setembro de 2015, e que con vocación de permanencia terá a súa segunda edición no presente ano, dedicado a inundacións e secas. Paralelamente ao primeiro congreso celebrouse o I Symposium de Termalismo e Calidade de Vida que se plantexa con carácter bianual, prevéndose a súa segunda edición para o ano 2017, e no que xa estamos a traballar.

No eido da investigación, tense presentado conxuntamente con outras institucións e Universidades, o primeiro proxecto do Campus da Auga nunha convocatoria europea, ademais de establecer o protocolo interno para promover a elaboración de proxectos institucionais cos que concorrer a novas convocatorias internacionais.


Plan Estratéxico do Campus da Auga (versión resumida).

Plan Estratéxico do Campus da Auga (versión completa).