Campus del Agua

Áreas Estratéxicas

As liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga focalizanse en 5 áreas:

Área Académica
O Campus da Auga debe ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade en temáticas da auga, cun número estable e elevado de estudantes cualificados que recibirán títulos en disciplinas que distinguirán o Campus a nivel rexional (eurorrexional), estatal e internacional.
Área de Investigación
O Campus da Auga debe establecerse como un líder rexional (eurorrexional) e unha organización de investigación multidisciplinar recoñecida internacionalmente en temáticas relacionadas coa auga.
Área de transferencia de tecnoloxía e coñecemento
O Campus da Auga debe promover a transferencia de tecnoloxía e coñecemento científico a aplicacións prácticas en apoio ás industrias e institucións locais, rexionais (eurorrexionais) e estatais.
Área de internacionalización
O Campus da Auga debe ser recoñecido en temáticas relacionadas coa auga dentro da comunidade investigadora internacional mediante a súa participación en asociacións internacionais e a través da realización de actividades de promoción.
Área de innovación educativa e divulgación científica
O Campus da Auga debe a través da innovación educativa e a divulgación científica conectar o ámbito académico e investigador coa comunidade educativa e o entorno social.

Estas cinco áreas do Campus da Auga deben contribuir á consecución e mantemento dun nivel sostible de financiación en apoio ás liñas de orientación estratéxica do Campus e as súas metas.