Campus del Agua

Xornada de portas abertas

Con motivo da celebración do Día Mundial da Auga, o Campus Universitario de Ourense Campus da Auga, celebrará o mércores 22 de marzo, unha xornada de portas abertas dirixida a estudantes de Educación Secundaria e Bacharelato das provincias de Ourense e Pontevedra.

O obxectivo é orientar aos estudantes sobre o seu futuro universitario, e dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga. Neste sentido, decanos e directores dos centros universitarios do Campus de Ourense, presentarán as diferentes titulacións que oferta a universidade de Vigo neste campus e as súas saídas profesionais. Así mesmo, diferentes profesores e investigadores organizarán sesións teóricas e prácticas nas súas instalacións e laboratorios para dar a coñecer a investigación que se está a realizar no marco do Campus da Auga.

Programas das Xornadas de portas abertas