Campus del Agua

Divulgación

A través de accións de innovación educativa e divulgación científica, o Campus del Agua, pretendese conexionar o campus có tecido social e coa comunidade educativa, posibilitando con iso a transferencia de información, coñecemento e actividade científica desenvolvida no seo do mesmo.


Obxectivos

Promoción e sensibilización

  • Incrementar o coñecemento dos membros da comunidade universitaria sobre o Campus da Auga e sobre as potencialidades que éste ten para mellorar a docencia e investigación e o desenvolvemento do Campus de Ourense.
  • Dar visibilidade ás accións e actividades científicas desenvolvidas no marco do Campus da Auga.
  • Dar a coñecer ao sector educativo non universitario o proxecto Campus da Auga, especialmente aquelas accións que teñen que ver có valor da auga e o respeto polo medio.

Empoderamento

  • Concienciar á comunidade universitaria, ao sector educativo non universitario e á sociedade sobre as potencialidades da auga como un elemento chave para o desenvolvemento científico, tecnolóxico, cultural e social da provincia de Ourense.
  • Poñer en valor a auga como un recurso propio e singular da provincia ourensana e concienciar á sociedade sobre o seu uso e respeto.
  • Dar a coñecer á comunidade universitaria, ao sector educativo e á sociedad no seu conxunto, as múltiples aplicacións, usos e potencialidades que ten a auga e a provincia de Ourense (industrial, tecnolóxico, cultural, lúdico, terapéutico…).

Destinatarios

Tendo en conta os obxectivos propostos e a fase de implementación do proxecto Campus da Auga, as accións de innovación educativa e divulgación científica irán dirixidas prioritariamente aos seguintes colectivos:

  • Comunidade Universitaria.
  • Comunidade educativa non universitaria.
  • A sociedade no seu conxunto.

Esto non é inconveniente para que as accións de divulgación científica e innovación educativa do Campus da Auga se proxecten máis aló destes destinatarios, meirande publicacións ou participando en foros de ámbito nacional e internacional, ou meirande accións difundidas a través das novas tecnoloxías (Webs, blogs, Facebook...).