Campus del Agua

Programa de Innovación Educativa

Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e divulgación Científica (1ª Edición)

Dentro da política de impulso e fomento da investigación, transferencia, innovación educativa e divulgación científica relacionada co motor estratéxico de especialización do Campus de Ourense como Campus da Auga, convócase a primeira edición dos Premios de Investigación, Innovación Educativa e Divulgación Científica en temáticas relacionadas coa auga, coa finalidade de recoñecer e estimular accións relevantes nestes eidos, que contribúan á promoción do Campus de Ourense - Campus da Auga. A dotación económica destes premios e proporcionada pola empresa Viaqua Gestión Integral de Aguas de Galicia SAU, conforme ao Convenio Marco de colaboración entre esta e a Universidade de Vigo.


Convocatoria 2017

 

Listaxes:

 

Obxecto da convocatoria

A presente convocatoria pretende estimular a promoción do Campus da Auga, incentivando accións destacadas no ámbito da investigación, transferencia, innovación educativa e a divulgación científica, que contribuían a situar e consolidar o Campus de Ourense como un referente internacional en temáticas relacionadas coa auga.

 

Premios

Os premios que se convocan son seis, nas seguintes modalidades:

  • Premio ao TFG/TFM mais destacado. Diploma acreditativo para o/a alumno/a autor/a do TFG/TFM e para a titorización do mesmo, e dotación en metálico de 300€ para o autor/a 1.
  • Premio de Investigación a Teses Doutorais. Diploma acreditativo para o/a alumno/a autor/a da tese de doutoramento e para a dirección da mesma, e dotación en metálico de 500€ para o autor/a 1.
  • Premio de Investigación á mellor contribución científica. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 700€ 1.
  • Premio ao mellor resultado de transferencia. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 700€ 1.
  • Premio de innovación educativa relacionada con estudos de grao ou posgrao. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 700€ 1.
  • Premio a accións ou actividades de divulgación científica. Diploma acreditativo ao autor/a e dotación en metálico de 700€ 1.

1suxeitos as retencións do IRPF que estableza a normativa vixente

 

Solicitude e prazo de presentación

Os/as interesados/as remitirán á Secretaría da Vicerreitoría do campus de Ourense, a documentación requirida presentándoa nos rexistro xeral ou auxiliares da Universidade de Vigo, ou nos lugares indicados no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

O prazo para a presentación de solicitudes remata o 31 de xullo de 2017.

 

I Premios de Investigación, Transferencia, Innovación Educativa e divulgación Científica do Campus da Auga