Campus del Agua

Programa de doutoramento do Campus da Auga

Auga, sustentabilidade e desenvolvemento (implantación prevista para o curso 2017-2018)

O Programa de Doutoramento Auga, Sustentabilidade e Desenvolvemento enmarcase como unha das liñas de orientación estratéxica do Campus da Auga (Acordo do Consello da Xunta de Galicia de 21 de novembro de 2013, polo que se autoriza o comezo do proceso de especialización da Universidade de Vigo, do Campus da Auga no Campus de Ourense e Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia e a Universidade de Vigo para a implantación e desenvolvemento do Plan Estratéxico, de 14 de marzo de 2014).

O Programa ten en conta as seis áreas de especialización que aglutina –Xestión da auga, Innovación social e educativa, medio ambiente, TIC, Turismo-patrimonio cultural e alimentación-, e que se integran en tres bloques temáticos de investigación: AUGA, SUSTENTABILIDADE E DESENVOLVEMENTO.

Web do programa de doutoramento


Comisión Académica

O Real Decreto 99/2011 establece que a Comisión Académica de cada Programa de Doutoramento (CAPD) é a responsable da súa definición, actualización, calidade e coordinación, así como do progreso da investigación e da formación e da autorización da presentación de teses de cada doutorando do programa.

A estrutura, composición, competencias e funcionamento están establecidos no Regulamento de estudos de doutoramento da Universidade de Vigo (aprobado en Consello de Goberno de 20/07/2012).


COMPOSICIÓN

Comisión Académica do Programa de Doutoramento
Francisco J. Rodríguez Rajo Coordinador - Facultade de Ciencias
Susana Álvarez González Secretaria - Facultade de Dereito
Julio Prada Rodríguez Facultade de Historia
Arno Formella Escola Superior de Enxeñaría Informática
Roberto Bustillo Bolado Facultade de Dereito
Xosé Manuel Cid Facultade de Ciencias da Educación
Marcos Álvarez Díaz Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo
Carlos Fernando Da Silva Rámos Vice-Presidente do Instituto Politécnico de Porto
António José Rocha Martins Da silva Vice-Reitor para Ciência, Tecnologia e Inovaçao da Universidade de Tras-os-Montes e Alto Douro

NOMEAMENTO

Requerimento aos centros

Actas

2016

11/05/2016

Acordos

2016

11/05/2016 | 29/06/2016

Colaboración con outros centros

Protocolo de colaboración coa UTAD e o IPP.

Proceso de implantación

28/07/2016 - Consello Social: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.

22/07/2016 - Consello de Goberno: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.

30/06/2016 - Consello de Campus: aprobación da proposición ao órgano competente da Memoria Final do programa.

29/06/2016 - CAPD do Campus da Auga: aprobación da Memoria Final (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.

11/05/2016 - CAPD do Campus da Auga: aprobación da Memoria Inicial (Memoria Xustificativa) do programa de doutoramento.

06/05/2016 - Xunta de Facultade de Dereito: aprobación da adscripción formal do Programa de Doutoramento.

04/03/2016 - Comisión Permanente da EIDO: aprobación da declaración de interese do Programa de Doutoramento.

01/03/2016 - Consello de Campus: declaración de interese informada favorablemente neste Consello de Campus