Campus del Agua

Académica

Nas sociedades actuais, as institucións de Educación Superior teñen un papel fundamental na resposta a novas demandas de creación e difusión de coñecemento. Por tanto, é importante que o Campus de Ourense realice esforzos dirixidos a responder ás necesidades da sociedade e a promover a excelencia na formación.

 

O Campus da Auga debe ofrecer unha formación avanzada e de elevada calidade en temáticas da auga, cun número estable e elevado de estudantes cualificados que recibirán títulos en disciplinas que distinguirán ao Campus a nivel rexional (eurorrexional), estatal e internacional.

 

Esta liña de orientación estratéxica ten como metas principais:

  • O establecemento dun programa de doutoramento relacionado có tema da auga e enfocado claramente nas prioridades investigadoras de hoxe en día.
  • O incremento do número de doutorados concedidos anualmente a individuos altamente cualificados.
  • A colaboración con outras institucións científicas e académicas en aras de acadar a excelencia docente e investigadora (dobres titulacións, colaboración en proxectos de investigación, coordinación interuniversitarias en masters, cursos de formación…).